• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

Programa de sensibilización cara o medio urbano:

A FUNDACIÓN JUAN XXIII , como entidade ao servizo do cidadán, no marco da colaboración necesaria co Concello de Pontevedra, presenta a iniciativa “PONTEVEDRA EXEMPLAR” para responder, á obriga que todos os cidadáns temos de corresponsabilizarnos polo benestar e a calidade de vida no noso contorno.

 

O proxecto pretende concienciar aos cidadáns de Pontevedra sobre a importancia que ten coidar do que é de todos, e en especial recoller dos espazos públicos os excrementos das súas mascotas, mediante a achega de información.

A través da expresión artística, como elemento de valor para o espazo público de Pontevedra, se exporán de maneira itinerante polos xardíns de Pontevedra mensaxes de fácil compresión pensados para incitar á reflexión sobre valores fundamentais para a cidadanía coma o respecto, a corresponsabilidade, o civismo, e o  sentimento de pertenza a un contorno que é de todos e para todos.

Así, o can de nome Recollín, simpático e  facilmente visible, formará parte das nosas vidas durante un tempo, e dará sona a Pontevedra  como cidade con valores, con compromiso, sensible e onde non se reprende para educar. En definitiva se concibe como un elemento de alto valor engadido:  decora, educa e da sona.