• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

 

LECTURA FÁCIL: SERVIZOS

 

1.-  CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO.

 

Hoxe en día o centro especial de emprego é a actividade principal que ten a Fundación Juan XXIII para darlle traballo ás persoas con discapacidade.

Os traballadores do centro especial de emprego teñen o apoio de varios profesionais que lle axudan a estar mellor dentro e fora do traballo.

No ano 2008 traballaban na Fundación 11 persoas,  e no ano 2011 somos 21 traballadores. 19 traballadores teñen o contrato indefinido.

alt

 

NA SÉ DA FUNDACIÓN SE XESTIONA TODA A ACTIVIDADE DO CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO

 

LIÑAS DE ACTIVIDADE DO CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO

1.-  A XARDINERÍA

A xardinería é un traballo ben valorado pola xente, polo que o traballador se sinte ben.

Os principais clientes da sección de xardinería son concellos, aínda que tamén traballa para clientes privados ou particulares.

alt

 

TRABALLANDO DÍA A DÍA, OS XARDINEIROS DA FUNDACIÓN JUAN XXIII FAN MÁIS AMIGABLE O NOSO CONTORNO

2.-  OS QUIOSCOS

A Fundación ten tres quioscos en Pontevedra. Traballar nos quioscos fai que os traballadores con discapacidade coñezan moita xente e teñan moitas amizades.

Traballar no quiosco axuda a que a persoa con discapacidade practique os números, a lectura, e que aprenda a  tomar decisións.

alt

 

 

OS VENDEDORES DOS QUIOSCOS DA FUNDACIÓN JUAN XXIII DEMOSTRAN DÍA A DÍA QUE SON GRANDES PROFESIONAIS.

3.-  SERVIZOS VARIOS

O centro especial de emprego contrata a persoas con  discapacidades físicas e sensoriais para prestar varios servizos na Asociación Juan XXIII.

 

 

2.-  PROGRAMAS DE APOIO AO EMPREGO

 

1.-  EMPREGO CON APOIO

A Fundación Juan XXIII tamén busca traballo para as persoas con discapacidade en empresas. A veces FADEMGA lle axuda cos seus profesionais.

O emprego con apoio consiste en apoiar ao traballador  con discapacidade para que lle sexa máis  doado empezar a traballar nunha empresa.

O profesional encargado  de axudar á persoa con discapacidade é  o preparador laboral. O traballo  do preparador laboral consiste en ensinarlle á persoa con discapacidade as tarefas de traballo e tamén axudarlle a entaboar boas relacións de traballo cos seus novos compañeiros.

Pouco a pouco o preparador vai deixando que a persoa traballe soa ata que acada traballar seN axuda.

alt alt

 

AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE TRABALLAN EN EMPRESAS COMA CALQUERA SI TEÑEN APOIOS AXEITADOS.

 

2.-  ORIENTACIÓN LABORAL

A Fundación Juan XXIII presta servizo de orientación laboral a persoas con discapacidade demandantes de emprego, realizando unha entrevista de orientación inicial e  en coordinación con outros servizos de emprego do contorno.

 

3.-  PROGRAMAS COMPLEMENTARIOS

Traballar é bo para as persoas, pero ademais de traballar hai que ter relacións con outras persoas, divertirse, e moitas cousas máis. A Fundación Juan XXIII realiza actividades para axudar aos traballadores a que teñan unha vida completa.

 

1.-  PLAN DE INCLUSIÓN SOCIAL

A fundación organiza actividades para que as persoas con discapacidade intelectual poidan vivir na súa cidade coma calquera outro, disfrutando de todo canto hai organizado para a toda a xente.

alt

 

 

AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE PARTICIPAN CON NORMALIDADE NAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS PARA TODOS OS CIDADÁNS

 

2.-  XORNADA A DISCAPACIDADE INTELECTUAL NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O día 29 de xuño reunimos na Asociación Juan XXIII  a  xornalistas para explicarlle como somos as persoas con discapacidade. Queremos que escriban ou que falen de non sabendo ben cómo somos. Non queremos que falen de nós como se foramos nenos, ou con lástima.

alt

 

 

AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE TEÑEN MOITO QUE DECIR SOBRE O LUGAR QUE QUEREN OCUPAR NA SOCIEDADE.