• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

 

PIEs

PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO.

Son programas de emprego dirixidos á mellora da empregabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego

Grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal, se desenvolverán accións nas que os participantes recibirán apoio especializado orientado á procura de emprego

PROGRAMA EMPREGA XXIII

Ao abeiro desta convocatoria Fundación para a Discapacidade e Emprego Juan XXIII, desenvolverá o programa denominado “emprega XXIII” que atenderá a 85 demandantes de emprego con discapacidade dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Cangas e Moaña.

A duración do programa será de 12 meses, durante os cales os participantes realizarán actividades de formación en estreita relación co tecido empresarial do contorno de Pontevedra.

Ao abeiro do programa emprega XXIII se desenvolverán as seguintes accións:

  • Información, orientación e asesoramento.
  • Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
  • Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
  • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  • Actividades de fomento da capacidade emprendedora.
  • Prospección empresarial.
  • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
  • Formación para o emprego por un total de 300 horas por participante.
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.
  • Talleres sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures).

Para o desenvolvemento do programa a Fundación Juan XXIII disporá medios propios. Así mesmo, e reforzará os servizos de orientación laboral e emprego con apoio coa contratación de dous técnicos de emprego.

Os participantes poderán dispor de medios tecnolóxicos e plataformas especializadas para o emparellamento da súas demandas d coas ofertas de emprego.