• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

PROGRAMAS

"PROGRAMA OPERATIVO EMPREGO XUVENIL"

MELLORA DA CAPACIDADE TÉCNICA DE TRABALLADORES CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

A Consellería e Economía Emprego e Industria co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, ven de conceder unha axuda á Fundación Juan XXIII ao abeiro da orde de convocatoria que regula a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen animo de lucro, no marco do Programas Operativo de Emprego Xuvenil.

Ao abeiro do proxecto denominado:

"MELLORA DA CAPACIDADE TÉCNICA DE TRABALLADORES CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL"

Un técnico contratado ao abeiro do programa operativo de emprego Xuvenil formará ás persoas con discapacidade intelectual do Centro Especial de Emprego Fundación Juan XXIII en diferentes técnicas de xardinería e traballo forestal, co gallo de mellorar as súas competencias técnicas.

Este proxecto cobra sentido como ferramenta de mellora da competitividade, pero principalmente responde á necesidade de desenvolver as capacidades técnicas do equipo de traballadores con discapacidade intelectual, facilitando as condicións para a diversificación de tarefas, que que incide fortemente nos niveis de realización persoal e profesional.