• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

Plan de xestión de residuos da xardinería:

O tratamento dos residuos é un problema para as empresas de xardinería ao que as administracións dan solucións escasas.

 

A FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII, consciente do perxuízo medioambiental que conleva unha mala xestión dos restos da súa actividade, inicia o proxecto “XARDINERÍA SOSTIBLE” para dar unha resposta axeitada ao problema  dándolle á materia orgánica  o tratamento natural necesario para que poida retornar ao seu lugar de procedencia transformada  en materia  beneficiosa para o solo e a vexetación.

A elaboración de compós mediante procedementos de degradación natural dos restos, apórtalle  á actividade da xardinería un valor engadido de responsabilidade, que os traballadores do centro especial de emprego  e a poboación en xeral valoran en gran medida.