• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

A FUNDACIÓN JUAN XXIII E O C.E.E PRINCIPE FELIPE CELEBRAN XUNTOS O DÍA DA ÁRBORE NA PRAZA DE AMALIA ÁLVAREZ.

Coincidindo co arranque da primavera, entorno á celebración do día da árbore, o centro especial de emprego Juan XXIII e o centro de educación especial Príncipe Felipe compartirán na praza de Amalia Álvarez unha xornada de traballo conxunto na que as persoas con discapacidade cooperarán na plantación de varias árbores e na mellora do axardinamento da praza.

Ambas as entidades coinciden en afirmar que esta colaboración entre institucións debe transcender o día da árbore e destacan que é o punto de partida dun acordo segundo  o cal a Fundación Xoán XXIII será centro de prácticas para alumnado do Programa Formativo de Formación Profesional Básica de Xardinería e Viveirismo que imparte o citado centro.

A Fundación Juan XXIII é titular dun centro especial de emprego que atopou na actividade da xardinería o seu espazo de traballo, tendo na actualidade un importante nivel de presenza nos xardíns das institucións públicas e privadas de Pontevedra e a súa comarca.

Pola súa banda, o Centro de Educación Especial Príncipe Felipe é un centro educativo público dependente da Consellería de Educación que conta cunha longa  e meritoria traxectoria de formación a alumnado con discapacidade. Modificou recentemente a súa oferta educativa introducindo programas para o acceso ao mundo laboral (xardinería, reprografía e servizos de restauración).

A actividade finalizará nas instalacións de Juan XXIII cun momento de conversación no que os alumnos do programa formativo poderán compartir cos traballadores do centro especial de emprego as súas inquietudes sobre o futuro laboral que lles espera.

Día do árbore

 

 

 

 

 

 

 

 

Diario de Pontevedra. 22 de Marzo 2017.