• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

FERRAMENTAS DE CALIDADE DE VIDA: CURSO PERMANENTE DE COCIÑA TRADICIONAL.

Clase de cocina


Dende o mesmo día en que a Fundación Xoán XXIII  iniciou a súa actividade, os seus fundadores quixeron remarcar que o proxecto debía promover por igual as oportunidades de emprego e a calidade de vida para as persoas con discapacidade.

Por iso, quixeron reservar un amplo espazo para realizar accións de promoción persoal e social, considerando que xunto cun emprego de calidade as persoas alcanzarían  altos niveis de calidade de vida.

Tal como se esperaba, o emprego estable brindoulle ás persoas con discapacidade a oportunidade de emprender proxectos de vida libremente desexados, axustados ás súas posibilidades e convenientemente apoiados polas súas familias e pola Fundación Xoán XXIII.

En coherencia co desexo expresado polos fundadores, as persoas con discapacidade contan con apoios (profesionais e proxectos) orientados a reforzar as súas habilidades para levar unha vida o máis independente posible. Dende o mes de setembro a fundación emprendeu unha actividade de cociña tradicional pensada para que os traballadores do centro especial de emprego teñan a posibilidade de ser protagonistas tamén da súa saúde, da súa alimentación e dunha forma máis de desenvolvemento persoal.

Unha vez máis as persoas con discapacidade atoparon na sociedade e nas súas institucións os apoios que necesitan. Á Fundación bastoulle con orquestrar a coincidencia de todos eles nun fin común.

Así cada venres nosa incansable amiga Helena, xubilada dos fogóns, vese cos nosos traballadores na casa Azul para gozar do momento, das persoas e sobre todo, de compartir o seu saber e o seu amor polos demais.

-E ao final que? -Pois nada? non hai final-, só un principio e moita autoestima por gañar cada venres e cada día nas súas casas.

Dende agora CALIDADE DE VIDA!!!.

Clase de cocinaClase de cocina