• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

O CONCELLO DE PONTEVEDRA ADXUDICA O MANTEMENTO DOS XARDÍNS A FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E O EMPREGO JUAN XXIII.


Xardinería

O contrato adxudicouse a Fundación Juan XXIII o día 30 de novembro, despois de 11 meses de paro na prestación de servizos.

A licitación realizouse mediante un procedemento aberto para un período de dous anos con posibilidade de traballar dous mais de prórroga.

O centro especial emprego realizará o mantemento de tres xardíns: Praza da Liberdade, Praza de Amalia Álvarez (UA18) e os xardíns da Cidade de Pedra. O traballo se realizará se en base a parámetros ecolóxicos, aspecto central dos requirimentos dos pregos técnicos.

Así se prestará especial atención aos criterios de aforro de auga, reducindo o uso de fertilizantes sintéticos e uso de tratamentos de fertilizantes de baixa toxicidade.

A Fundación Juan XXIII revalidou o concurso tendo que enfrontarse a unha empresa de Valladolid e a outra de Santiago, resultando a súa oferta superior  tanto nos aspectos técnicos coma nos económicos, xogando no seu favor o coñecemento do terreo despois de 10 anos de servizo para o Concello de Pontevedra.

Este ano se iniciou con éxito unha nova experiencia de traballo na limpeza das vías e espazos públicos das distintas parroquias de Pontevedra dependentes da concellería de Rural. Grazas a estes traballos a Fundación puido incrementar a súa presencia en Pontevedra, acadando un nivel de participación social e laboral, aspecto importante para consolidar o proxecto de inclusión laboral na cidade.

A Fundación Juan XXIII é consciente da importancia que ten para a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade intelectual poder traballar en entornos comunitarios, xa que permite dar visibilidade ao colectivo e romper estereotipos.

Despois da experiencia de 2016, a Fundación espera voltar a realizar os traballos, xa que resultaron especialmente satisfactorios dende o punto de vista da integración e da normalización do seu potencial de traballo e humano.