• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

 

O GRUPO DE EMPRESAS FROIZ APOIA O EMPREGO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.


Mantemento Polígono Froiz

Esta iniciativa é unha máis das moitas accións sociais, culturais e deportivas que apoia o empresario en toda  a provincia, e que representan un novo exemplo de responsabilidade social do grupo de empresa Froiz  coa súa contorna.

O empresario poiense subscribiu  un acordo de traballo co centro especial de emprego Juan XXIIII de Pontevedra co propósito de contribuír á  creación de emprego para as persoas con discapacidade. Os traballos contratados  consistirán no mantemento dos terreos recentemente adquiridos pola empresa no polígono industrial de Barro-Meis para instalar no futuro un novo centro de operacións. As parcelas, xunto cos tramos de monte lindeiros  ocupan unha extensión de 11 Ha.

 

Os centros especiais de emprego representan na actualidade unha das vías máis efectivas para garantir o dereito ao traballo das persoas con discapacidade, e especialmente para as persoas con discapacidade intelectual xa que esta modalidade  proporciona apoios adecuados ás súas necesidades laborais e sociais.

O propio traballo das persoas con discapacidade, apoiado polas organizacións do sector e os avances normativos, está a contribuír a xerar unha cultura da integración que tamén está a calar entre os colectivos empresariais. Sen embargo, sinala o director da fundación que existen alternativas de integración laboral  moi válidas e con plenas garantías para os empresarios que non tiveron o desenvolvemento suficiente e que poderían supor un salto cualitativo moi importante en termos de emprego para o colectivo.  Mostra diso serían os enclaves laborais ou o emprego con apoio.

A colaboración entre as empresas e os centros especiais de emprego constitúen fórmulas moi positivas de desenvolvemento empresarial. Isto é así, porque ademais de establecerse relacións comerciais positivas e seguras para o empresario, demostrouse que ten un impacto moi positivo no fortalecemento da cultura da empresa e na implicación dos traballadores no desempeño do seu posto de traballo. Por outra banda, estas colaboracións contribúen a cumprir coas obrigacións legais en materia de reserva de postos de traballo para persoas con discapacidade.

A Fundación Juan XXIII, coa intención de responder ás demandas das persoas con discapacidade intelectual en materia de promoción laboral, está inmersa en proxectos de investimento que permitirán nun futuro próximo ampliar o repertorio de servizos de apoio o emprego, transcendendo a actividade comercial que desenvolve a través do centro especial de emprego e emprendendo servizos de formación e orientación laboral axustados ás necesidades específicas de cada  persoa con discapacidade.

Diario de Pontevedra

 

 

 

 

 

 

Redacción. Diario de Pontevedra.