• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

CURRO SOLIDARIO DE SABUCEDO A FAVOR DA FUNDACIÓN JUAN XXIII.


Sabucedo recauda case 5500 euros a favor da Fundación Juan XXIII.

Ana Cela. Faro de Vigo- A Estrada.

Curro solidario.

Un ano máis no pobo de Sabucedo, se  celebrou a tradicional festa da Rapa das  Bestas. Este é o cúlmen dun traballo que durante todo o ano une aos veciños de Sabucedo coas súas costumes e tradicións máis fondas. O cabalo é un elemento central da cultura dos veciños de Sabucedo, e cada ano mostran orgullosos ao mundo a parte máis vistosa da súa tradición.

Dende que foi declarada como Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2007, a Rapa das Bestas acadou unha proxección mundial, colocando ao pequeño e singular pobo de Sabucedo como un referente da preservación da súa identidade.

Dende hai catro anos o curro do luns se transformou, e tomou unha dimensión solidaria  destinando a súa recadación a apoiar causas sociais. Neste ano 2016 a Asociación da Rapa se decantou pola Fundación Juan XXIII. Con esta colaboración a Fundación pretende darlle un pulo ao seu proxecto de creación de emprego ampliando a actividade do seu Centro Especial de Emprego e consolidando servizos centrais nas políticas activas de  emprego como a formación a desempregados, a orientación laboral.

Son moitos os elementos que identifican á Fundación Juan XXIII coa Rapa das Bestas; o primeiro é sen dúbida a paixon polo traballo, o compromiso por defender unha causa que si ben é diferente, ten tras de sí a preservación da identidade propia e o dereito a mostrar o valor de cada un.

¡¡¡GRAZAS AO POBO DE SABUCEDO  E A TODOS AS PERSOAS QUE ESTE LUNS  QUIXERON APOIAR A NOSA CAUSA!!!