• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

 

"NON SÓ SON XARDINEIROS, SON UN EXEMPLO QUE FAI A VIDA MELLOR"

Dende fai anos a Fundación Juan XXIII se fai cargo  das zonas verdes do Concello de Poio. O bos resultados acadados foron estreitando esta colaboración e, hoxe, ten 17 traballadores no cadro de persoal da sección.

Marina Abilleira. Diario de Pontevedra - Poio

De luns a venres, Raquel se levanta ás sete da mañá se prepara e se viste, almorza e se vai para o seu centro de traballo. É xardineira, así que unha vez que ela e os seus compañeiros cargan a maquinaria nas furgonetas, ponse en camiño xunto co seu equipo cara ao lugar onde lle toque coidar unha das zoas verdes das que se fai cargo a súa empresa.

O único que sorprende de Raquel é que se trata da única muller nun grupo de xardinería formado por homes. Pero só iso chama a atención.

Se un escarba un pouco máis descubrirá que tanto ela coma os seus compañeiros forman parte da Fundación Juan XXIII, pioneira en promover o emprego das persoas con discapacidade intelectual.

Hai xa 14 anos que o Concello de Poio lle encargou a esta entidade (que por aquel entón era unha asociación) o mantemento da zona de A Seca a través dun convenio de Formación.

Dende entón, o lugar hule periodicamente a céspede recén cortado garacias a eles.

DENDE O ANO 2008.

A Fundación como tal se constituiu en 2008 para impulsar e dar estrutura ao proxecto de emprego, que xa entón estaba tendo tan boa acollida.

Con esta maior profesionalización do servizo, o Concello Poiense asignoulle novos xardíns como o Parque da Memoria, A Reiboa, o roteiro dos muíños de A Freixa e a finca de Ankar en A Barca. Hoxe 17 xardineiros contratados pola Fundación prestan este servizo polo que a administración Municipal paga 2.300 euros ao mes.

Raquel, Ramón, Ángel ...son persoas que cotizan coma calquera outro traballador, teñen contratos, (todos indefinidos salvo tres casos) e desenvolven un papel activo na sociedade. Pero no só eso. Co seu exemplo están a propiciar un cambio social, ao lograr que os demáis deixen de ver ás persoas con discapacidade coma persoas dependentes, que só precisan recibir, e os vexan coma cidadáns que tamén aportan á comunidade na que viven.

Así o explican os portavoces da Fundación, Diego Chapela, Carmen Puga e o monitor José Mariño Ligero.

"Sen ir máis lonxe, nos anos oitenta era impensable ver esto, recibir este apoio e aceptación por parte das administracións públicas. Este cambio de mentalidade foise acadando con esforzo e sobre todo co exemplo que dá a xente coma eles. Están contribuíndo á mellora da sociedade; a que as persoas con discapacidade que veñen detrás poidan vivir mellor", sinala o primeiro. " A discapacidade non está no individuo, senón no contorno, e cando o contorno progresa neste sentido, o individuo tamén o pode facer".

É máis, o salario que gaña co seu esforzo algún dos xardineiros de Juan XXIII converteuse na única fonte de ingresos que ten a familia, outro bo exemplo que bota por terra a visión do pasado segundo a cal estas persoas representaban unha carga para os seus achegados.

Non hai máis que botar unha ollada ao que fan para darse conta de que non é así.

"Vai facer sete anos que estou coa Fundación, primeiro cun contrato de media xornada e agora a xornada completa. Traballo ata as cinco e media da tarde e a verdade é que desfruto moito co que fago. O que máis emprego é o cortacéspede, o soprador e a escoba e, por agora, o que máis me custa é a desbrozadora, porque é co que menos práctica teño polo momento. Gústanme todas as zonas que coidamos, porque o que gusta é o aire libre. Son a única muller da sección, e a verdade é que os compañeiros me tratan moi ben. Non hai queixa". Comenta Raquel cun sorriso de orella a orella. "Eu estou moi feliz e a miña familia tamén o está. Ademáis, o compañeiros da Fundación son a miña segunda familia".

BENEFICIOS PERSONALES. E é que tan positivos coma os beneficios para a sociedadeo son tamén os que acadan as persoascon discapacidade.

"Ter un traballo permitelles ter o seu propio proxecto de vida. O emprego é normalización e ás persoas con discapacidade failles sentir que son útiles, válidas, xéralles autoestima", apunta Carmen Puga.

O traballo que desempeñan estes 17 xardineiros satisface con creces aos seus clientes, entre os cales están os Concellos de Poio, de Pontevedra, Cotobade e Ponte Caldelas, consellerías da Xunta de Galicia e tamén clientes particulares, entre outros.

"A de sanidade contratounos para coidar os xardíns dos centros de saúde en varios municipios, e a de Traballo e Benestar tamén para manater as zonas verdes de centros seus", explica o monitor José Mariño Ligero.

En todos os casos, os resultados obtidos son excelentes, tal e como confirma o alcalde de Poio, Luciano Sobral: "A valoración non pode ser máis que positiva. Estamos encantados, e non só nos , senón que os veciños e usuarios destas áreas que coidan as persoas de Juan XXIII tamén recoñecen o seu magnífico labor, e así nolo fan saber a miúdo".

Segundo precisa Mariño, "ao principio a xente recibiu isto con certa reserva, pero iso foise transformando, e hoxe o que vemos e unha gratitude e confianza total".

Ademáis da monitoraxe , a Fundación proporciónalles a estes xoves servizos de apoio en psicoloxía, traballo social..., así coma unha colaboración moi cercana.

OUTRAS INICIATIVAS.

eE, aparte da xardinería, lles ofrece outras posibilidades como a participación en grupos  de voluntariado para colaborar en ventos, festivais, probas deportivas, a Festa da Troita, etcétera.

"Tamén temos unha casa tutelada que leva a Asociación e na que estamos as  fins de semana", explica Ramón Miguez, outro dos xoves xardineiros. " Nós nos  encargamos de facer as camas, ir ao supermercado, e facer outras tarefas, e tamén imos a tomar algo ou á discoteca. É  un ocio moi guay e temos moi bos monitores. Son boa xente. Eu levo no centro 12 anos e estou contratado dende fai 6. Estou xenial. Síntome mellor porque noto que teño máis autonomía, e iso gústame".

Paralelamente, a Fundación leva a cabo proxectos educativos en centros como o IES A Xunqueira 1, e  nos colexios de Tenorio,  A Reigosa e Marín entre outros, onde os as persoas con discapacidade comparten os seus coñecementos de xardinería cos alumnos.

"Grazas a eso, a percepción que podían ter os alumnossobre a discapacidade cambia, e deixa de ser negativa", apunta o monitor. " Eu mesmo levo 22 anos en Juan XXIII, e o que podo dicir é que traballar con esta xente me fai mellor persoa".

En Poio, as súas ferramentas son as desbrozadoras, os angazos, os escobóns e as cortacéspedes. Con eles logran non só  que resulte máis apetecible deitarse na herba un día de sol e calor, que estimule os sentidosr espirar o arrcendo do céspede recén cortado, ou que contemplar o parque coma se fose unha alfombra vexetal sexa algo placenteiro.

Tamén acadan o que xa é seu por dereito: a normalización, a igualdade e a integración nunha sociedade que, grazas a exemplos coma o seu, van avanzando cara o bo camiño.

Preme aquí para ver a noticia do xornal