• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

 

Un paso máis para a inclusión social

Diario de Pontevedra. 30 de xuño de 2011 Texto: Laura Paredes

Que as asociacións abran as súas portas aos medios de comunicación é fundamental para que estes poidan tratar o tema coa maior veracidade e realismo posible. A cuestión centrou onte a xornada sobre discapacidade e medios de comunicación organizada pola Fundación Juan XXIII.

 

"SOMOS PERSOAS e como tal deben tratarnos. Levo catro anos traballando na Fundación e a miña vida cambiou moito. Síntome útil, se me respeta, son máis feliz, teño amigos e podo participar".Estas son as palabras de Raquel Olivares, unha xove con discapacidade intelectual  que procura recordar os seus dereitos e sentirse unha máis na sociedade".

A Fundación Juan XXIII organizou onte unha xornada para achegar a discapacidade intelectual aos medios de comunicación, na que participaron profesionais de diferentes ámbitos.

Cousas tan sinxelas para calquera de nós e ás veces insignificantes, como poder dar a nosa opinión estar informados, formados, ter un emprego de calidade ou un nivel de vida axeitado, se convirten en retos a acadar para as persoas con discapacidade. "Para comprender hai que ampliar a mirada, deixar de pensar nas nosa limitacións e e pensar nos demáis", reclama Raquel, ainda que opina que co paso dos anos as cousas van cambiando grazas ás asociacións e á familia e "pasamos de estar demasiado protexidos a poder opinar, a que os nosos dereitos se teñan en conta".

Estes dereitos dos que fala Raquel son cousas sinxelas e básicas das que desfrutamos cada un de nós, pero que para eles son fundamentais para acadar que a sociedade sexa máis xusta e solidaria. "os dereitos están nos corazóns e nas cabezas da nosa sociedade, do noso contorno, na familia e nos amigos", destaca. O recoñecemento dos dereitos das persoas con discapacidade permitirá unha maior inclusión social destas persoas na sociedade, a súa principal meta. Sentirse incluídos, valorados e respactados, pero" a realidade é outra", denuncia Gonzalo Losada, usuario habitual do centro ocupacional.

Losada, en situación de desemprego coma a maioría dos xoves galegos e españois, traballou durante un tempo nunha empresa de reparto de publicidade, pero recoñece que a sociedade moitas veces non lles da a oportunidade de participar, xustificándose nas súas limitacións e sen valorar as súas capacidades.

Gonzalo, animado en poder acadar axiña un traballo, considera que a sociedade debe mudar canto antes o xeito "de mirarnos e que nos deixe opinar, só así seremos cidadáns activos e teremos igualdade de oportunidades"

Para que a sociedade sexa de todos e para todos, debe coñecer ben ás persoas con discapacidade, explica Losada, porque o máis importante é "que se dean conta de que somos persoas, con dereitos e obrigas, que aportamos ideas con cualidades e limitacións". Ahí é onde xogan un papel fundamental os medios de comunicación.

TRANSPARENCIA. A relación constante dos medios coa sociedade e o intercambio de opinións coas asociacións de persoas con discapacidade é imprecindible para poder tratar o tema con realismo e a veracidade que se merece. En Opinión do Licenciado en Ciencias da Comunicación, Juan Antonio Sacaluga, encargado de impartir a charla "O papel fundamental dos medios de comunicación na difusión da imaxe da discapacidade intelectual", os medios non teñen que ofrecer unha visión positiva, senón real. " Preocupame moito máis que os medios sexa rigurosos que amables", explica, "que saiban do que falan e que nos traten coma axentes sociais máis que coma colectivos que precisan solidariedade".

Sacaluga considera  preciso que exista unha cooperación entre as asociacións, os medios de comunicación, e os poderes públicos e "ainda que seguimos entre a visión solidaria e a responsable das persoas  con discapacidade, creo que non hai mellor xeito de ser solidario que sendo responsable".

Pero se debe dar un paso máis. Os centros e as asociacións deben abrirse ao público, aos medios, pero "carecemos de recursos", lamenta Sacaluga.

Existe unha falla de coñecemento e os medios, que van ao ritmo que marcan as asociacións, precisan poder achegarse a elas. "Deben ser transparentes, sen medo", matiza.

A xornada rematou cuns obradoiros sobre terminoloxía e sobre lectura fácil.


Enlace nova publicada no Diario de Pontevedra

d