• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

 

LECTURA FÁCIL:

RESPONSABILIDADE SOCIAL

CORPORATIVA

 

1.-  POR QUE

Dicir que unha entidade actúa con "Responsabilidade Social Corporativa", significa  que esa entidade, como a Fundación Juan XXIII, decide sen que ninguén lle obrigue, que vai a facer o seu traballo tendo en conta tres cousas:

  • Axudar no que poida  ás persoas que traballan nela.
  • Ter en conta non danar o medio ambiente coa súa actividade.
  • Axudar  a mellorar a sociedade.


Os centros especiais de emprego son exemplos de entidades que teñen responsabilidade social, porque axudan a que as persoas con discapacidade podan traballar.

Por iso, podemos dicir que os centros especiais de emprego fan un traballo excelente si os comparamos con outras empresas que non realizan actuacións de responsabilidade social corporativa.

responsabilida social corporativa

 

A FUNDACIÓN JUAN XXIII  RESPECTA  ÁS PERSOAS E O MEDIO AMBENTE.

TRABALLAMOS CON RESPONSABILIDADE.

2.-  MEDIO AMBENTE URBANO

A Fundación Juan XXIII, coa colaboración do Concello de Pontevedra, organiza  a acividade "Pontevedra Exemplar" para que a xente  comprenda que todos somos responsables de ter a nosa cidade limpa e ben coidada.

A actividade consiste en expoñer nos xardíns de Pontevedra, unha  escultura  moi grande dun can que se chama Recollín  e que  ten uns carteis moi fáciles de comprender que lle din aos veciños de Pontevedra por que teñen que recoller os excrementos dos seus cans.

O can Recollín, educa aos veciños, decora a cidade e mostra que Pontevedra é unha cidade que se preocupa polos seus veciños.

alt

 

 

ESTE É O CAN RECOLLÍN NOS XARDÍNS DE PONTEVEDRA.

 


3.-  PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS DA

XARDINERÍA

A Fundación Juan XXIII quere ser responsable co medio ambiente. Por iso comezou a facer unha actividade que se chama “ xardinería sostible” e que consiste a facer abonos cos restos de herba, follas e ramas que saca dos xardíns.

Os traballadores do centro especial de emprego e a sociedade en xeral, consideran que esta actividade é moi boa porque axuda a conservar o medio ambiente.

alt

 

OS XARDINEIROS DA  FUNDACIÓN JUAN XXIII TRABALLAMOS ARREO PARA FACER COMPÓS DE GRAN CALIDADE