• Centro Especial de Emprego JUAN XXIII A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII Ao traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan os seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII A Fundación Juan XXIII ten a súa sé no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII O emprego de calidade aporta ao traballador benestar persoal e compromiso co resultado do traballo.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII A amabilidade e a vocación de servizo son sinais de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII
  • Responsabilidade Social Empresarial A Fundación Juan XXIII desenvolve programas de responsabilidade social que van máis aló do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

_

PRESENTACIÓN


A FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII, é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por iniciativa da Asociación Juan XXIII para respostar con calidade aos  requirimentos das persoas con discapacidade en materia de acceso ao emprego, impulsando e dinamizando o traballo realizado pola Asociación Juan XXIII durante máis de trinta anos.

A FUNDACIÓN JUAN XXIII, desenvolve programas complementarios ao emprego convencida de que o emprego por si só non aporta calidade de vida, senón que debe existir un equilibrio entre todas as dimensións da vida das persoas para que se dé unha situación de verdadeiro benestar.

Son destinatarios dos servizos da FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII todas as persoas con discapacidade, preferentemente intelectual, de Galicia e as súas familias.


 

 

  • ACTUALIDADE JUAN XXIII

    HEMEROTECA

    Nesta sección poderás consultar os principais artígos da prensa publicados nos últimos anos. Consultar todo...

    Noticia Faro de Vigo FARO DE VIGO

    "Curro solidario a favor da Fundación Juan XXIII". Saber máis...

  • ACTUALIDADE JUAN XXIII

    Crease o Clube de Lectura Fácil"Juan X XIII" para promover o acceso das persoas con discapacidade intelectual a cultura a través dos textos. Saber máis...